O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do
Territorio,
impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación
dos ecosistemas fluviais.
É esencialmente unha iniciativa de participación cidadá e de intervención socioambiental.
O alumnado do ciclo contribúe elaborando diferentes recursos educativos en contorno web para dar a coñecer os ríos da Ría de Ferrol e concienciar
acerca da importancia
do seu coidado a través da participación activa e colaborativa.
As contribucións dos estudantes son moi variadas incorporando dende fichas informativas con elementos de patrimonio histórico, cultural e natural,
xogos e actividades
educativas ou formularios e funcionalidades de xestión que axuden á labor do Proxecto Ríos e como recursos educativos para que empregue alumnado de
infantil, primaria,
ESO, Bacharelato ou outros ciclos formativos.